Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2022 Páx. 48651

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2022 pola que se anuncia a convocatoria de axudas de acción social para o persoal da institución, correspondentes ao exercicio 2022.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2022: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2022

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior