Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 24 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico Serra do Furco, no concello de Becerreá (expediente IN408A/2020/087).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013 do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Antecedentes:

• O 3.12.2020, Enel Green Power España, S.L. presentou a solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado Parque Eólico Serra do Furco (en diante, o parque eólico) ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) e pola disposición derradeira sexta da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

• O 27.1.2021 a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle un requirimento de documentación e con data do 9.2.2021 en resposta ao devandito requirimento, o promotor achega documentación complementaria e a declaración responsable do EIA, P. Execución, P. Sectorial, estudio de ruídos e a do estudo de impacto arqueolóxico, así como o documento excel actualizado.

• O 24.2.2021, a DXPERN xeral admitiu a trámite a modificación substancial presentada o 3.12.2020.

• O 22.6.2021 a DXPERN remitiulle ao promotor o informe da Dirección Xeral de Ordenación do territorio e Urbanismo sobre o proxecto sectorial.

• Con data do 4.7.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a DXPERN achega a esta xefatura territorial o expediente para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante/promotor: Enel Green Power España, S.L. NIF B61234613.

Domicilio social: rúa Fernando Casas Novoa, 35B 2 15707 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: Parque Eólico Serra do Furco.

Situación: Concello de Becerreá (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Becerreá-Paradela.

Potencia instalada: 40 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.

Produción neta anual estimada: 106.534 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 37.336.750,82 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

647.183

4.752.309

2

650.066

4.752.309

3

651.322

4.751.151

4

651,322

4.747.555

5

649,190

4.747.555

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Datum ETRS89 (fuso 29)

Concello

UTM-X

UTM-Y

SF-01

648.474

4.751.663

Becerreá

SF-02

648.630

4.751.202

Becerreá

SF-03

648.835

4.750.776

Becerreá

SF-04

649.441

4.750.184

Becerreá

SF-05

649.789

4.749.803

Becerreá

SF-06

649.977

4.749.412

Becerreá

SF-07

650.325

4.747.875

Becerreá

Coordenadas da subestación:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

1

649.100

4.750.762

2

649.127

4.750.712

3

649.034

4.750.664

4

649,008

4.750.714

Coordenadas da torre de medición:

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

648.861

4.751.025

Características técnicas principais das instalacións:

• Sete (7) aeroxeradores, cinco (5) de 6.0 MW e dous (2) de 5.0 MW de potencia nominal unitaria, de 115 m de altura de buxa e 170 m de diámetro de rotor.

• Sete (7) centros de transformación, integrados no interior de cada un dos aeroxeradores, con potencia unitaria de 6.500 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

• Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre as turbinas dos aeroxeradores e a subestación transformadora 30/220 kV, composta por condutores tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións de 95, 240, 400 e 630 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

• Estación anemométrica do parque eólico equipada cunha torre auto soportada de 118 m de altura.

• Subestación eléctrica 30/220 kV do PE Serra do Furco recibirá a enerxía xerada do parque, dimensiónase fisicamente para que no futuro poida ser ampliable e servir para evacuar a potencia doutros parques eólicos. Esta parte estará composta por un edificio de control, un edificio de celas e un edificio de residuos, un transformador principal 30/220 kV de 42 MVA e un transformador de servizos auxiliares cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cableado.

• Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado nº 20203239, data 26.11.2020).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 13.6.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20203240, data 26.11.2020).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e no seu caso, presentar as alegacións ou observacións que estimen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (ronda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como no concello de Becerreá (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enlace:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/serra-furco

Lugo, 24 de agosto de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo