Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Mércores, 14 de setembro de 2022 Páx. 48592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 25 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as autorizacións administrativas previa e de construción, así como a declaración, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, de instalacións eléctricas no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2022/15-3).

Mediante a Resolución do 22 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foron concedidas as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, unhas instalacións eléctricas no concello de Castrelo de Miño (expediente IN407A 2022/15-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o titular do predio que no anexo se relaciona para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, número 1, 3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 25 de agosto de 2022

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con domicilio ignorado ou non notificados

Número de expediente: IN407A 2022/15-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: instalación de interruptor TC no apoio D38 da LMTA CAS806.

Termo municipal: Castrelo de Miño.

Predio número en proxecto: 1.

Lugar: Rodal.

Cultivo: matogueira.

Titular: descoñecido/a.

Afección: ocupación de 2 m2 para o apoio número D38.