Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48366

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 19 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o impulso da Rede de mercados excelentes de Galicia e para a dinamización e revitalización das prazas de abastos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento IN223A).

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG número 169, do 6 de setembro de 2022, debe facerse a oportuna corrección:

Na páxina 47426, no artigo 1, punto 3, das bases reguladoras, onde di:

«3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e os investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas nos artigos 4, 5 e 6 destas bases reguladoras, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 23 destas bases reguladoras.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, pagados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións».

Debe dicir:

«3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, consideraranse subvencionables os gastos e os investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4 destas bases reguladoras, sempre que sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2022 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 23 destas bases reguladoras. No caso das actuacións previstas nos artigos 5 e 6 destas bases reguladoras en función da súa especial natureza e, por teren unha continuidade ininterrompida, consideraranse actuacións subvencionables aquelas actuacións realizadas a partir do 1 de novembro de 2021 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 23 destas bases reguladoras.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, pagados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións».

Na páxina 47434, no artigo 5, punto 1, das bases reguladoras debe engadirse unha alínea e) co seguinte contido:

«e) Os gastos imputables ás unidades xerenciais derivados da formulación, execución e seguimento do proxecto obxecto da subvención, cun limite de 4.000 euros de subvención, incluído o salario e a seguridade social.

A unidade xerencial deberá ter contratada unha persoa física mediante un contrato laboral, que en ningún caso poderá ser membro da asociación nin formar parte dos seus órganos de goberno, e que desenvolverá funcións de xestión, contabilidade, información e asesoramento aos comerciantes e de dinamización.

Só serán subvencionables por este concepto aqueles proxectos que inclúan como mínimo dúas actuacións das previstas na letra b)».

Na páxina 47438, no artigo 7, liña 1, punto 2, letra a), onde di:

«Para as actuacións contidas no artigo 4.2.a) destas bases reguladoras, o investimento máximo subvencionable é de 50.000,00 €».

Debe dicir:

«Para as actuacións contidas no artigo 4.1.2.a) destas bases reguladoras, o investimento máximo subvencionable é de 50.000,00 €».

Na páxina 47439, no artigo 7, liña 1, punto 2, letra b), onde di:

«Para as actuacións contidas no artigo 4.2.b) destas bases reguladoras, o investimento máximo subvencionable é de 14.000,00 €».

Debe dicir:

«Para as actuacións contidas no artigo 4.1.2.b) destas bases reguladoras, o investimento máximo subvencionable é de 14.000,00 €».

Na páxina 47459, no artigo 23, punto 3, debe engadirse unha alínea j) co seguinte contido:

«j) Copia do contrato da persoa xerente e currículo. No caso de imputar gastos de seguridade social da persoa xerente, documento RNT, relación de liquidación de cotizacións e documento RLC».