Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2022 Páx. 48397

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2022 pola que se axustan as anualidades e se amplía o crédito inicial determinado na Resolución do 18 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento VI420A).

Antecedentes:

Primeiro. O 26 de novembro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento VI420A).

Segundo. O ordinal trixésimo quinto da devandita resolución determina a aplicación orzamentaria e a repartición do crédito orzamentario en dúas anualidades, de xeito que o importe máximo destas subvencións se instrumentará financeiramente con cargo ao proxecto 2002 06712 e á aplicación 2022 08 81 451A 781.0 dos orzamentos do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e a súa contía será de 1.000.000 euros, repartidos en 150.000 euros na anualidade 2022 e 850.000 euros na anualidade 2023.

Terceiro. O punto segundo do devandito ordinal prevé a posibilidade de que a persoa titular do Instituto Galego da Vivenda e Solo poida incrementar o crédito orzamentario sinalado para a convocatoria do ano 2022.

Cuarto. O prazo de presentación de solicitudes abriuse o 3 de xaneiro e pechouse o 4 de abril. Na actualidade estanse a tramitar as solicitudes presentadas conforme o previsto nas bases reguladoras.

Fundamentos de dereito:

Primero. O artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, prevé a posibilidade de modificar a distribución inicialmente aprobada nunha convocatoria de subvencións, supeditándoa unicamente á tramitación do correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto.

Segundo. Así mesmo, o artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, sinala que, excepcionalmente, a convocatoria poderá prever a posibilidade de ampliar o crédito cando o aumento veña derivado, entre outros supostos, da ampliación do crédito inicialmente previsto.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Reaxustar as anualidades previstas e, así mesmo, ampliar o crédito dispoñible da aplicación 08 81 451A 781.0 do proxecto 2002 06712, establecido no resolvo trixésimo quinto da citada resolución, que pasan a ter a seguinte distribución plurianual:

Crédito inicial

Total

2022

2023

1.000.000 €

150.000 €

850.000 €

Crédito final

2022

2023

1.100.000 €

65.000 €

1.035.000 €

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo