Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48057

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se fai pública a aprobación definitiva do Plan básico municipal do Concello de Riotorto (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 156.5 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva do Plan básico municipal do Concello de Riotorto (Lugo), mediante a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 30 de agosto de 2022, que figura como anexo.

Unha vez inscrito o Plan básico municipal no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra del, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/rexistro-de-planeamento-urbanistico-de-galicia

Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderá ser consultada na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave?p_p_id=aaeKeyword_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeKeyword_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D2352&_aaeKeyword_WAR_aae_id=2352

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2022

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

Orde de aprobación definitiva do Plan básico municipal
do Concello de Riotorto (Lugo)

O 22.2.2017 o Concello de Riotorto remitiu escrito á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo en que solicitaba a redacción dun plan básico municipal (PBM) por parte da consellería competente en materia de urbanismo.

Analizado o documento redactado e tramitado regulamentariamente e vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O artigo 63.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), define os plans básicos municipais como os instrumentos de planeamento urbanístico dun termo municipal completo, que se redactarán en desenvolvemento do Plan básico autonómico para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non conten cun instrumento de planeamento xeral.

2. Os plans básicos teñen por obxecto a delimitación dos núcleos rurais existentes e dos terreos que reúnan os requisitos exixidos para ser clasificados como solo urbano consolidado, e a categorización do solo rústico, segundo as delimitacións das afeccións establecidas no Plan básico autonómico. Así mesmo, poden remitir a ordenación detallada de determinadas áreas a un plan especial aprobado con anterioridade declarándoo subsistente.

3. O Plan básico autonómico foi aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo. Mediante a Resolución do 21.12.2021, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, apróbase a súa actualización (DOG do 28 de xaneiro) coa corrección de erros do 14.3.2022, publicada no DOG do 30.3.2022.

4. O Concello de Riotorto conta con 1.213 habitantes en 1.1.2021, segundo información do Instituto Nacional de Estatística e non ten aprobado planeamento xeral. Polo tanto, cumpre cos requisitos da LSG para a redacción dun PBM.

5. A Consultora do arquitecto José González-Cebrián Tello resultou adxudicataria do contrato para a redacción do PBM de Riotorto no expediente de contratación do primeiro contrato baseado (expediente 32/2019U) do Acordo marco para a redacción dos PBM (expediente 16/2018U).

II. Contido e determinacións do plan básico municipal.

1. En cumprimento do artigo 63.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e do artigo 150 e seguintes do seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), o PBM de Riotorto conta cos seguintes documentos: memoria xustificativa das súas determinacións, análise do modelo de asentamento poboacional, planos de información, planos de ordenación urbanística, catálogo de elementos que se deben protexer e normativa urbanística.

2. Así mesmo, incorpora documentación do trámite ambiental estratéxico simplificado, zonificación acústica, estudo da paisaxe e ficha de vixencia de planeamento.

3. No que atinxe ás determinacións do Plan básico municipal:

• O PBM de Riotorto clasifica un ámbito de solo urbano consolidado (artigo 63.2.b) da LSG) que, segundo consta na memoria xustificativa, recolle os antigos pequenos asentamentos rurais da Grova, O Alxibre, A Pértega, O Curral, O Mazo, Cachán e A Veiga, que quedan agora unidos, pola continuidade do rueiro, ao agregado histórico das Rodrigas.

• Delimita 67 núcleos rurais (artigo 63.2.a) da LSG) dos cales, segundo as fichas da AMAP, 58 son tradicionais (31 mononucleares e 27 de tipo polinuclear), 1 é común e os 8 restantes combinan partes tradicionais e comúns (seis deles de tipo polinuclear).

• Categoriza o solo rústico tendo en conta as afeccións sectoriais delimitadas no PBA (artigo 63.2.c) da LSG) e as consideracións dos informes sectoriais preceptivos.

• Fixa o trazado da rede viaria pública existente e sinaliza as aliñacións (artigo 63.2.d) da LSG) tendo en conta os informes sectoriais das administracións titulares das vías.

• Cataloga 10 elementos arqueolóxicos, 44 arquitectónicos e 67 etnográficos.

• A normativa reproduce no seu anexo I as ordenanzas reguladoras do Plan básico autonómico que resultan de aplicación (artigo 63.2.e) da LSG), sen prexuízo de incorporar normativa específica do PBM con base no estudo pormenorizado do territorio e nas indicacións dos informes sectoriais preceptivos (artigo 149.1.e) do RLSG).

• Declara como ámbito de planeamento incorporado o Plan especial SUND Vilarín-Riotorto para creación de solo de uso industrial, aprobado definitivamente o 20.7.2018 (DOG do 17.8.2018, BOP do 8.10.2018).

III. Tramitación.

1. O procedemento para a aprobación dos plans básicos municipais regúlase no artigo 64 da LSG e no 156 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG).

2. O 15.10.2020 remítese á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático escrito en que se solicita iniciar a avaliación ambiental estratéxica simplificada do PBM de Riotorto, achegando o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico.

3. O 19.10.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático inicia polo prazo de dous meses o período de consultas previas á formulación do informe ambiental estratéxico e, simultaneamente, consulta ás administracións públicas afectadas, constando:

• Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), informe do 23.11.2020.

• Dirección Xeral de Mobilidade, informe do 6.11.2020.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, informe do 3.12.2020.

• Dirección Xeral de Enerxía e Minas, informe do 20.11.2020.

• Instituto de Estudos do Territorio (IET), informe do 14.12.2020.

• Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, informe de 21.12.2020.

• Deputación Provincial de Lugo, informe do 21.10.2020.

• Concello de Riotorto, informe do 4.12.2020.

• Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), informe do 19.1.2021.

• Servizo de Montes de Lugo, informe do 25.2.2021.

• Dirección Xeral de Patrimonio Natural, informe do 17.12.2020.

4. Tras este período de consultas, o 30.12.2020 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu resolución pola que se formulou o informe ambiental estratéxico (IAE) do PBM do Concello de Riotorto, no cal conclúe non someter ao procedemento de avaliación ambiental ordinaria a este PBM.

5. Solicitáronse os informes sectoriais preceptivos previos á aprobación inicial: Augas de Galicia, Confederación hidrográfica Miño-Sil, Confederación Hidrográfica Cantábrico Occidental, Demarcación de Estradas do Estado. O 24.11.2020 recibiuse o informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Así mesmo, solicitouse certificado do Catastro Mineiro de Galicia, que foi achegado o 25.11.2021.

6. O PBM de Riotorto foi aprobado inicialmente por resolución da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda do 4.6.2021.

7. O 9.6.2021 solicitáronse os informes sectoriais preceptivos ás administracións competentes e o informe determinante do concello. Así mesmo, enviouse a comunicación prevista no artigo 189 da Lei 3/2003, de patrimonio das administracións públicas, e a prevista no artigo 101 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Simultaneamente, someteuse a información pública no DOG do 25.6.2021 por un prazo de 2 meses, e o documento publicitouse a través da web de documentos en información pública da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Na mesma data foi publicado o anuncio nos xornais El Progreso y La Voz de Galicia.

8. No relativo aos informes sectoriais preceptivos, foi recadado o pronunciamento favorable da totalidade dos organismos afectados nas seguintes datas:

Organismo/Administración

Data de recepción do informe

Delegación do Goberno

16.9.2021

Confederación Hidrográfica do Cantábrico

11.3.2022

Confederación Hidrográfica Miño-Sil

13.5.2022

Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual

15.9.2021

Delegación Provincial de Economía e Facenda

18.9.2021

Ministerio de Defensa

18.9.2021

Axencia Galega de Infraestruturas

6.7.2022

DX Patrimonio Cultural

11.2.2022

Augas de Galicia

30.5.2022

DX Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

24.6.2021

DX Planificación e Ordenación Forestal

24.5.2022

Instituto de Estudios do Territorio

9.11.2021

DX Emerxencias e Interior

16.6.2021

DX Patrimonio Natural

7.9.2021

DX Planificación Enerxética e Recursos Naturais

17.6.2021

Retegal, S.A.

22.6.2021

SX Técnica e do Patrimonio

2.8.2021

Deputación Provincial

27.4.2022

9. Consta Acordo da Alcaldía de Riotorto, recibido o 6.7.2022, que ratifica o informe favorable do arquitecto municipal do 4.7.2022 ao PBM de Riotorto.

10. Durante o período de información pública, recibíronse un total de 134 alegacións, tal e como consta no informe do 8.7.2022. Posteriormente á emisión do dito informe, recibiuse unha nova alegación o 27.7.2022, o que fai un total de 135.

O anexo V, Integración alegacións, da memoria xustificativa do PBM contén unha análise pormenorizada das alegacións presentadas, en que consta como se integraron no documento.

11. O Pleno da Xunta Consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo do 29.7.2022 acordou emitir informe favorable sobre o documento do PBM de Riotorto.

IV. Análise e consideracións.

1. A documentación do PBM de Riotorto cumpre coas determinacións establecidas polos artigos 63.2 da LSG e 149 do RLSG, e está adaptado ás determinacións das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

2. O PBM de Riotorto atende ou xustifica as cuestións e determinacións relacionadas nos informes e consultas recibidos durante a súa tramitación, e axústase estritamente ao que foi obxecto de informe favorable polo Pleno da Xunta Consultiva en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

3. En conclusión, o PBM de Riotorto é un documento completo e axustado á lexislación vixente para os efectos de acadar a súa aprobación definitiva.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans básicos municipais corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de conformidade co disposto no artigo 64.4 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e 156.4 do Decreto 143/2016, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería.

V. Resolución.

En consecuencia e visto o que antecede,

RESOLVO:

1. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan básico municipal de Riotorto, de conformidade co disposto no artigo 64.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

2. Notificar esta orde ao Concello de Riotorto.

3. De conformidade co disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e nos artigos 156.5 e 199 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o seu regulamento, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo publicará o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia (DOG) e a normativa e as ordenanzas no Boletín Oficial da provincia.

4. De conformidade co disposto no artigo 88 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio o Plan básico municipal de Riotorto no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.