Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 9 de setembro de 2022 Páx. 48064

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C) (Diario Oficial de Galicia número 112, do 13 de xuño).

O artigo 19 da Orde do 31 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C), establece que, no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 31 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C).

Crédito orzamentario: 25.000 euros.

Aplicacións orzamentarias: 08.03.541B-780.0 (8.000,00 €), 08.03.541B-781.1 (8.000,00 €) e 08.03.541B-770.0 (9.000,00 €), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación
orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2022

Juan Armada Díez de Rivera

12A

08.03.541B-780.0

361,76

56A

2.620,00

2F

2.424,59

12F

1.500,00

002/2022

Eyaika Salnés, S.L.

40A

08.03.541B-770.0

1.350,00

003/2022

CMVMC de Viladesuso

33F

08.03.541B-781.1

2.573,60

004/2022

CMVMC Parroquia Viso-Redondela

158A

08.03.541B-781.1

2.484,00

005/2022

Pazo de Rubianes, S.L.

32A

08.03.541B-770.0

1.219,57

59A

1.552,17

8F

4.878,26

006/2022

Arcebispado de Santiago

80A

08.03.541B-781.1

2.942,40