Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente-e IN407A 2022/151-1).

Expediente-e: IN407A 2022/151-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Cambio de sección tramo LMTS MEL706 alimentación CT 15CJWY.

Situación: concello de Melide.

Feitos:

1. O día 26 de abril de 2022 Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicita ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Cambio de sección tramo LMTS MEL706 alimentación CT 15CJWY, nos arredores da rúa das Oblatas e rúa das Galeras, no concello de Melide.

Entregan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado Cambio de sección tramo LMTS MEL706 alimentación CT 15CJWY.

– Anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial con número de colexiado 15.670 de Madrid, o 7 de xuño de 2022.

2. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública. En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declara que o proxecto non afecta novos bens e dereitos de propiedade particular.

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Melide, Augas de Galicia e Axencia Galega de Infraestruturas. UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. Competencias: o xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estructura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instruccións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As instalacións encóntranse no concello de Melide e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (cambio de condutor) a 15 kV, de 619 m, condutor tipo RHZ1- 2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, con orixe en empalme proxectado na LMT MEL706 (IN407A 04/223), ao carón do apoio B135S6QQ//D12 existente, e remate en cela de liña CT Vista Alegre (15CJWY, IN407A 2009/457-1) existente, facendo un recuamento da alimentación actual.

– Déixase sen servizo o tramo aéreo existente, condutor LC-80/LA-80 LMT MEL706 (IN407A 2016/2364-1), que forma parte dun dobre circuíto xunto coa LMTA MEL705 (IN407A 2016/2363-1), con orixe no apoio B135S6QQ//D12 existente da LMT MEL706 (IN407A 04/223) e remate no apoio B1HV6RS3//23 existente. Desmontaxe do PA/S en apoio B135S6QQ//D12. Desmontaxe de 350 m, de RHZ1-240 (IN407A 2009/457) da liña de alimentación do CT Vista Alegre. Déixanse sen servizo 535 m soterrados, RHV-150, da MEL706 (IN407A 2016/2364-1).

– Cambio de explotación do CT Cazallas (15C011, IN407A 2016/206-1), instalado no apoio B195CL86//D17 existente do DC MEL705/MEL706, que pasará a formar parte da LMTA MEL705, proxectando nova conexión da derivada que o alimenta.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude, coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e o medio ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 1 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña