Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2022 Páx. 47907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 30 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Alto Torreiro, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña) (expediente IN408A 2020/115).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: EDP Renovables, S.L.U. CIF B91115196.

Domicilio social: rúa Serrano Galvache, 56, 3º andar, Edificio Empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.

Enderezo notificacións: rúa Amio, 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Alto Torreiro (IN408A/2020/115).

Concellos afectados: Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña).

Potencia máxima do parque: 20,625 MW.

Núm. aeroxeradores que se van instalar: 3 × 6 MW + 1 × 2,625 MW.

Produción neta: 69,17 GWh/ano.

Orzamento total (execución material): 17.633.984,95 €.

Prazo de execución: nove (9) meses.

Localización (área de afección):

Parque eólico Alto Torreiro

A.D.E

G17

Vértice poligonal

Parque eólico Alto Torreiro

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

1

517.374,68

4.783.163,30

2

516.866,82

4.783.248,27

3

515.740,75

4.783.931,56

4

513.738,14

4.784.199,63

5

513.636,62

4.785.075,91

6

512.883,08

4.784.868,17

7

512.898,15

4.783.917,04

8

512.024,04

4.783.882,65

9

511.602,65

4.784.476,90

10

511.176,01

4.784.346,52

11

511.138,39

4.783.610,23

12

510.744,55

4.781.660,13

13

512.980,02

4.782.616,53

14

513.681,04

4.783.415,04

15

515.110,17

4.783.348,34

16

516.240,63

4.782.838,07

17

517.374,68

4.782.840,91

Parque eólico Alto Torreiro

Aeroxerador

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

ATR-01

511.429,81

4.784.147,03

ATR-02

511.289,10

4.783.160,24

ATR-03

511.108,73

4.782.150,76

ATR-04

513.428,39

4.784.760,83

Parque eólico Alto Torreiro

Torre meteorolóxica

UTM ETRS 89 fuso 29

UTM-X

UTM-Y

TM

513.265

4.784.449

Características técnicas das instalacións:

– 3 aeroxeradores Siemens-Gamesa, modelo SG 6.0-155 (ou similar) de 6.000 kW de potencia unitaria e 1 aeroxerador Siemens-Gamesa, modelo G-114 (ou similar) de 2.625 kW, polo que a potencia total da instalación é de 20,625 MW. Os 3 aeroxeradores SG 6.0-155 que se instalarán teñen un rotor de 155 m de diámetro e van montados sobre torres tubulares cónicas de 122,5 m de altura. O aeroxerador SG 114 ten un rotor de 114 metros e vai montado igualmente sobre unha torre tubular cónica de 125 metros.

– 3 centros de transformación, un dentro de cada aeroxerador, para ATR01, ATR02, ATR04 Siemens-Gamesa SG 6.0-155, serán do tipo seco e illados mediante resina epoxi, de potencia unitaria 6.500 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, e 1 centro de transformación, dentro do aeroxerador ATR03 114/125/G114-2.625 MW, será do tipo seco e illado mediante resina epoxi, de potencia unitaria 3.000 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV. Serán trifásicos de servizo continuo e totalmente homologados pola compañía subministradora eléctrica.

– Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora Bustelo e Baralláns (IN408A 2020/61) 30/220 kV, composta por dous circuítos de condutores tipo AL_RHZ1-OL-18/30 kV
de seccións 150, 400 mm² de aluminio. O material de illamento será XLPE.

– Rede de terras de modo que as instalacións electromecánicas formen un conxunto equipotencial, complementarase mediante condutor de Cu nu de 50 mm², que se instalará en canalización conxunta cos cables de potencia e comunicacións, interconectando todos os aeroxeradores entre si, e que estará unido, así mesmo, á rede terras da subestación. Este condutor, instalado no fondo da escavación, en contacto directo co terreo, actuará como eléctrodo horizontal. A posta á terra do aeroxerador realizarase completamente mediante cable de cobre nu de 95 mm² de sección.

– Rede de comunicacións e transmisión de datos constituída por fibra óptica monomodo de 12 fibras.

– Unha torre meteorolóxica de 122,5 m.

– Na subestación Bustelo e Baralláns 30/220 kV (IN408A 2020/61, obxecto doutro expediente, en estado de tramitación) instalaranse dúas celas de media tensión, con envolvente mecánica, para instalación interior, agrupadas nun embarrado para recibir os circuítos de 30 kV do parque eólico Alto Torreiro, coa seguinte configuración:

• 2 celas de liña, que incorporarán 1 seccionador tripolar de posta á terra, 1 interruptor automático, 3 transformadores de intensidade.

• 1 cela de batería de condensadores, que incorporará 1 seccionador tripolar de posta á terra, 1 interruptor automático, 3 transformadores de intensidade.

– A evacuación da enerxía xerada no PE Alto Torreiro realizarase de forma conxunta con outros parques. Na subestación Bustelo e Baralláns 30/220 kV (IN408A 2020/61, obxecto doutro expediente, en estado de tramitación) elevarase a tensión a 220 kV, e desde esta será evacuada a través dunha liña de alta tensión ata conectar nunha posición de liña coa subestación Meirama 220 kV; ambas non son obxecto do presente proxecto.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial das instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución (xullo 2021-visado 11.8.2022).

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (decembro 2021-asinado 29.4.2022).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (decembro 2021-asinado 4.5.2022).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para o coñecemento xeral, para que se poida examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa dos concellos de Cabana de Bergantiños e Coristanco (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 30 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña