Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2022 Páx. 47720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 29 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico Navallos, nos concellos de Castroverde e Baralla (Lugo) (expediente 122-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación.

Antecedentes.

– O 29 de xuño de 2020, Enel Green Power España, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto do parque eólico Navallos, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de compensación Ambiental.

– O 23 de febreiro de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o cumprimento dos requisitos da solicitude de modificación substancial.

– O 1 de xuño de 2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial do parque eólico Navallos. O mencionado órgano informou que a posición NA01 incumpría a distancia mínima de 500 m ao núcleo rural do Ladatal, no concello de Castroverde, regulada no punto III.3.1 do Psega respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

– O 19 de xaneiro de 2022, Enel Green Power España, S.L. presentou unha modificación da súa solicitude derivada do informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Posteriormente, o 25 de abril de 2022 e o 11 de maio 2022, en resposta ao devandito requirimento do 31 de marzo 2022, achegaron emenda de documentación.

Mediante oficio de data 30 de maio de 2022, a Dirección Xeral de Planificación e Enerxética e Recursos Naturais notificoulles o cumprimento dos requisitos para a admisión a trámite da modificación solicitada.

– O 14 de xuño de 2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe onde se indica que os aeroxeradores cumpren as distancias de 500 m ás delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable delimitado.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, con data 14 de xullo de 2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía achegou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, conforme o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

– O 14 de agosto de 2022, o promotor desiste da declaración de utilidade pública solicitada o 27 de agosto de 2020.

– O 25 de agosto de 2022, a Xefatura Territorial de Lugo acepta a desistencia da declaración de utilidade pública presentada polo promotor.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a continuación:

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Domicilio social: rúa Fernando de Casas Novoa, nº 35, portal B, 2º, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Navallos.

Situación: concellos de Castroverde e Baralla (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Serra de Punago.

Potencia instalada: 13,54 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 4.

Produción neta anual estimada: 46.004 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 13.465.692,91 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Coordenadas ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

V1

640.832,00

4.756.362,00

Castroverde

V2

641.674,00

4.757.432,00

Castroverde

V3

642.371,00

4.757.726,00

Castroverde

V4

643.269,00

4.756.910,00

Baralla

V5

643.527,00

4.754.895,00

Baralla

V6

642.716,00

4.754.058,00

Baralla

V7

641.887,00

4.754.712,00

Baralla

V8

641.322,00

4.754.820,00

Baralla

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

NA01

642.567,00

4.756.593,00

Baralla

NA02

642.764,00

4.756.106,00

Baralla

NA03

642.523,00

4.755.528,00

Baralla

NA04

642.914,00

4.755.105,00

Baralla

Coordenadas da subestación:

Vértice

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

A

641.983,51

4.756.980,81

Castroverde

B

642.055,56

4.756.980,81

Castroverde

C

642.055,56

4.756.963,71

Castroverde

D

642.020,04

4.756.963,71

Castroverde

E

642.020,04

4.756.947,12

Castroverde

F

641.983,51

4.756.947,12

Castroverde

Coordenadas da torre de medición:

Torre de medición

ETRS89 H29

Concello

UTM-X

UTM-Y

642.659,00

4.754.834,00

Baralla

Características técnicas principais das instalacións:

– Catro (4) aeroxeradores de 6 MW de potencia nominal unitaria, que será limitada a 3,385 MW aplicando un sistema de redución de potencia por aeroxerador, de 115 m de altura da buxa e 170 m de diámetro de rotor.

– Catro (4) centros de transformación, situados no interior da góndola de cada aeroxerador, con potencia unitaria de 6.500 kVA e relación de transformación de 0,69/30 kV, co seu correspondente equipamento de manobra, protección e demais elementos auxiliares.

– Rede eléctrica soterrada para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre os aeroxeradores e a subestación transformadora 30/132 kV, composta por un circuíto con condutores tipo RH5Z1 18/30 kV e seccións de 95, 240 e 400 mm2 de aluminio. Na gabia da liña colectora tamén se colocarán os cables de terras e os de fibra óptica para comunicacións.

– Subestación transformadora, que constará de tres partes diferenciadas para interconexión de distintos parques, incluíndo neste proxecto só as correspondentes ás infraestruturas de interconexión do parque eólico Navallos. Esta parte estará composta por un edificio de interconexión e control, un edificio de residuos, un transformador principal 132/30 kV de 20 MVA e un transformador de servizos auxiliares 30/0,42 kV de 160 kVA, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cablaxe.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) das instalacións.

– Proxecto de execución (visado COEIAR nº VD04713-21A, en data 29.12.2021)

– Estudo de impacto ambiental (EIA, asinado o 20.4.2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico, visado nº V220007, en data 13.1.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que considren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, 27071 Lugo, desde as 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 88 94 39), así como nos concellos de Castroverde e Baralla (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, na seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-xeracion/navallos

Lugo, 29 de agosto de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo