En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar descoñecido o enderezo do titular, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertimos expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.
O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.
Expediente |
Polígono-parcela-lugar |
Interesado |
Referencia catastral |
Gestiona 1146/2022 Urb 41/2022 |
Polígono 500 parcela 11 |
J.F.C. (enderezo descoñecido) |
36036A011005000000QW |
En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Oia, 16 de agosto de 2022
Carmen María Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións