Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2022 Páx. 47790

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a ordenación de volumes na Cidade das TIC, parcela da antiga Fábrica de Armas (expediente 631/2022/138).

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o 20 de xullo de 2022, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Estudo de detalle para a ordenación de volumes na parcela da Cidade das TIC. Abril 2022, promovido pola Universidade da Coruña e redactado polos arquitectos José Carlos Iglesias Fernández, Carlos Alberto Pita Abad e Xoán Manuel Pérez Lorenzo.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará dispoñible no taboleiro de anuncios da sede electronica do Concello, na epígrafe de información urbanística, na web de Urbanismo, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario das 9.00 ás 13.00 horas, logo de cita que se solicitará por escrito no Rexistro Municipal ou se dirixirá ao correo electrónico registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 28 de xullo de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade