Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Mércores, 7 de setembro de 2022 Páx. 47792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios, ditada ao abeiro do artigo 22 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), publicamos a referencia do expediente e a referencia catastral dunha parcela en situación de risco de incendio, por resultar infrutuosa a notificación, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advertimos expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesada

Referencia catastral

Xestiona 1109/2022

Urb. 38/2022

Polígono 21, parcela 61

C.P. Pamecla, S.L.

36036A021000610000QF

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 16 de agosto de 2022

Carmen María Estévez Adrover
Alcaldesa en funcións