Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2022/88-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado polo enxeñeiro técnico industrial Manuel Busto Ces, colexiado núm. 1358 do Coeticor, quen aporta declaración responsable de habilitación e competencia asinada o 8.10.2021.

Solicitante: Aycar Proyectos e Instalaciones, S.L., CIF: B36934206.

Enderezo: avenida da Florida, núm. 127, 36210 Vigo (Pontevedra).

Denominación: LMTS, CS e CT para o Centro de Innovación de Formación Profesional na Farixa.

Situación: concello de Ourense.

Orzamento: 105.411,49 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×240 mm2 AL+H16 de 115 m de lonxitude, de alimentación a CS proxectado, con celas de entrada, de saída e de cliente, 3L2TC+TT, con inicio e fin en punto de acceso a rede entre os CCTT de compañía 32CHY4 Ramón Abellás e 32C699 Farixa FF.PP.

– Centro de seccionamento (CS), compacto de superficie, para manobra exterior, telecontrolado, en edificio prefabricado modular de formigón, con celas 3L+P e SSAA 2TC+TT. Situación en parcela do Centro de Innovación de Formación Profesional na Farixa-Ourense; (coordenadas UTM ETRS89 fuso: 29 X: 593.448/Y: 4.686.284).

– CT Centro de Innovación F.P. na Farixa, con celas modulares de illante e corte en SF6, de remonte, protección de trafo e de medida, de 630 kVA de potencia aparente e RT 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións do presente proxecto relativas á LMTS e ao CS son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo correspondentes a aquelas serán realizados directamente coa empresa distribuidora, seguindo para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 29 de xuño de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Rodríguez Paz
Xefe do Servizo de Enerxía e Minas