Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Luns, 5 de setembro de 2022 Páx. 47331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2022/147-4).

Expediente: IN407A 2022/147-4.

Promotora: Xunta de Compensación do SUD-R06 avenida de Vigo, A Estrada.

Denominación: LMTS, CT-1, CT-2 e CT-3 sector SUD-R06-avenida de Vigo.

Concello: A Estrada.

Feitos:

Primeiro. O 21 de abril de 2022, a Xunta de Compensación do SUD-R06-avda. de Vigo, A Estrada, solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación LMTS, CT-1, CT-2 e CT-3 sector SUD-R06-avenida de Vigo.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na instalación dunha liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) de dobre circuíto e de tres centros de transformación (CT) compactos de superficie de 400 kVA cada un para atender a demanda de enerxía prevista na nova urbanización para uso residencial e área comercial. Estas actuacións están previstas no concello da Estrada (Pontevedra), no ámbito do Plan parcial de ordenación do sector SUD-R06-avenida de Vigo.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello da Estrada e a Demarcación de Estradas do Estado.

Os organismos non emitiron condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 392 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente LES802, entre a subestación A Estrada e o centro de seccionamento 36CSG3, facendo entrada e saída nos tres centros de transformación proxectados CT-1, CT-2 e CT-3.

Tres centros de transformación (CT-1, CT-2, CT-3) de 400 kVA cada un, con RT 20 kV/420-230 V.

A instalación está situada no sector SUD-R06-avenida de Vigo, A Estrada.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á Xunta de Compensación do SUD-R06-avenida de Vigo, A Estrada, as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS, CT-1, CT-2 e CT-3 sector SUD-R06-avenida de Vigo (expediente IN407A 2022/147-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A Xunta de Compensación do SUD-R06-avenida de Vigo, A Estrada, asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberán cumprirse as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra