Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial e ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas e son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Vigo, rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non facelo así, se terán por efectuadas as notificacións ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante esta xefatura territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte á data da súa notificación practicada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 26 de xullo de 2022

A xefa territorial de Vigo
P.A. (Decreto 124/2022, do 23 de xuño)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO I

Procedemento BS650A:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar
persoa interesada

Resolución e data

36/00116-I/03

44084897S

Extinción 14.6.2022

36/00119-I/14

X9298835G

Extinción 15.6.2022

36/00232-I/21

53820689E

Suspensión 25.5.2022

36/00396-I/21

76821497W

Desestimación 17.6.2022

36/00577-I/21

44090194E

Denegación 8.6.2022

36/00053-I/22

35489688K

Denegación 2.5.2022

ANEXO II

Procedemento BS650G:

Núm. de expediente

Núm. DNI/NIE/pasaporte ou similar
persoa interesada

Resolución e data

36/00761-X/02

35166182X

Suspensión 16.6.2022

36/00065-X/14

35969207J

Extinción 13.6.2022

36/00992-X/19

Y0223474C

Extinción 13.6.2022

36/00730-X/20

35416318K

Declaración de caducidade e arquivamento 13.6.2022