Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 30 de agosto de 2022 Páx. 46431

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan dous propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña) para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), dous propietarios da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado, A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dun trámite de audiencia.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 13, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de agosto de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

DNI

Acto notificado

10465319 C

RDX 06/06/22

33238829 B

RDX 12/05/22