A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural ditou, o 24 de xaneiro de 2022, resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Intentada a notificación persoal desta resolución non foi posible a súa práctica.
Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Vixilancia e Inspección da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo San Caetano, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Santiago de Compostela.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2022
Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural
Anexo
Procedemento sancionador: S-P-09.21, Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).
DNI/CIF da persoa interesada: 33767140N.
Acto notificado: resolución de procedemento sancionador.