Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/054-4).

Expediente: IN407A 2022/054-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: ret. LMT SDM701 O Carballo do Pazo e CC.TT. Beade e Beade Pena.

Concello: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 17 de febreiro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da instalación eléctrica denominado ret. LMT SDM712 O Carballo do Pazo e CC.TT. Beade e Beade Pena.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento dun tramo da liña SDM701 e a substitución dos centros de transformación Beade (36C587) e Beade Pena (36C588), nas seguinte actuacións previstas no lugar do Carballo do Pazo, na parroquia de Beade, no concello de Vigo (Pontevedra):

Substitución do apoio núm. 1 por un apoio de celosía metálico de tipo C 12/2000 que realizará as funcións de final de liña.

Desmontaxe de 984 metros de lonxitude da liña de media tensión aérea entre o apoio núm. 1 e o apoio HVH 13/1600 para retirar.

Retirada de 217 metros de lonxitude do tramo da derivada ao centro de transformación (CT) Beade Pena, de once apoios de formigón, de dous apoios de chapa metálica e de once apoios de tipo rail.

Substitución do CT Beade por un novo CT de tipo prefabricado superficie interior con envolvente de formigón 4L+1P de 400 kVA.

Substitución do CT Beade Pena por un novo CT de tipo prefabricado compacto manobra exterior con envolvente de formigón 2L+1P de 250 kVA.

Instalación dunha LMTS de 1.425 metros de lonxitude en catro actuacións.

Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) de 114 metros de lonxitude desde a LMTS proxectada ata o apoio núm. 2 HV 15/630-BR1-CA da LMTA SDM701.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Deputación Provincial de Pontevedra e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado técnico emitido polo Concello de Vigo.

Os demais organismos non emitiron condicionado técnico; enténdese, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante escrito do 11 de marzo de 2022, esta xefatura territorial notificou a solicitude da autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da referida instalación eléctrica ás persoas afectadas pola declaración de utilidade pública conforme a relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 10 de febreiro de 2022 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 1 de abril de 2022.

Xornal Faro de Vigo: 29 de marzo de 2022.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Quinto. O 25 de maio de 2022, UFD comunicou que chegou a un acordo coas persoas propietarias das parcelas afectadas e, polo tanto, xa non é necesaria a declaración de utilidade pública das instalacións obxecto do proxecto. Coa solicitude, UFD achega copia dos acordos acadados.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMT aérea a 15 kV, con condutor tipo LAC-28, de 114 metros de lonxitude (tramo de liña para retensar), con orixe na LMTS proxectada do centro de transformación proxectado núm. 1 (CT-1 Beade) e final no apoio núm. 2 existente de tipo HV 15/630-BR1-CA da LMTA SDM701.

LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV, con condutor tipo RHZ, de 1.190 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT-1 Beade e final na cela de liña do centro de transformación proxectado núm. 2 (CT-2 Beade Pena).

LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV, con conductor tipo RHZ de 162 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña do CT-2 Beade Pena e final no condutor existente RHZ1-240 LMTS SDM701 ao CT 36CML9.

LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 14 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña CT-1 Beade e final no condutor existente RHV-95 LMTS SDM701 ao CT 36CU77.

LMT subterránea (actuación 4) a 15 kV, con condutor tipo RHZ de 59 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña CT-1 Beade e final no apoio núm. 1 proxectado de tipo C 12/2000-H35-CA da LMTA SDM701.

Centro de transformación, CT-1 Beade, con relación 15.000/400 V a 400 kVA, emprazado no lugar de Beade. Centro de transformación, CT-2 Beade Pena, con relación 15.000/400 V a 250 kVA, situado no lugar da Pena, Beade.

Conforme con todo o indicado,

resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada ret. LMT SDM701 O Carballo do Pazo e CC.TT. Beade e Beade Pena (expediente IN407A 2022/054-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 28 de xullo de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra