Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2022/196-1).

Expediente: IN407A 2022/196-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación: LMT, CT e LBT A Pallota.

Concello: Santa Comba.

1. Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 1.014 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CT Fontecada-A Gandarela (IN07A 2018/122-1) existente da liña LP Babión-Catro Ventos (IN407A 2020/063-1) e remate no CTC proxectado. CT A Pallota compacto prefabricado, cunha potencia de 160 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 1L+1P.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Segundo o disposto nos artigos 144 e 145 do Decreto 1955/2000, a solicitude de recoñecemento, en concreto, de utilidade pública, someterase ao trámite de información pública durante o prazo de 30 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación, durante o cal os interesados poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacionpublica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/196-1.

Solicitante: Industrial Barcalesa, S.L.

Denominación: LMT, CT e LBT A Pallota.

Concello: Santa Comba.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados.

Número de predio: s/n.

Referencia catastral: 2083520NH1528S0001IB.

Lugar: A Pallota.

Cultivo: solo sen edificar.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Servidumes de paso:

• Centro de transformación: 32,79 m2.

• Servidume de paso: 7,34 m2.

• Superficie frontal e predio lindeiro: 24,50 m2.