Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 45078

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 8 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela, no concello de Santiago de Compostela (A Coruña) (expediente IN408A 2020/166).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Villar Mir Energía, S.L.U. (CIF: B85253888).

Domicilio social: Paseo de la Castellana, 259-D, Edificio Torre Espacio, planta 46, 28046 Madrid.

Denominación do proxecto: SET colectora Nova 132/220 kV e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela.

Nº expediente: IN408A 2020/166.

Concello afectado: Santiago de Compostela (A Coruña).

Orzamento de execución material: 3.106.385,23 €.

Prazo de execución: seis (6) meses.

Obxecto do proxecto:

Evacuar a enerxía eléctrica xerada nos parques eólicos (PPEE):

• Parque eólico (PE) A Picota (42 MW, expediente IN408A 2018/12) e PE A Picota II (21 MW, expediente IN408A 2020/114), os cales verten a súa enexía na subestación eléctrica de transformación (SET) do PE A Picota. Ambos os PPEE son promovidos polo grupo Villar Mir e están actualmente en tramitación.

• PE Castro Valente (18 MW, expediente IN408A 2020/66, actualmente en tramitación e promovido por Iberdrola Renovables Galicia, S.A.).

• PE Monte Xesteiras (33 MW, expediente IN661A 2010/5-4, actualmente en tramitación e promovido por Norvento S.L.).

• PE Huracán (56 MW, expediente PEol-349, actualmente en tramitación e promovido por Greenalia Wind Power Huracán S.L.).

Con este fin se deseñan a SET colectora Nova 220/132-66 kV e a súa liña de interconexión coa rede de transporte. O punto de conexión coa dita rede de transporte prodúcese na SET Santiago de Compostela, actualmente en servizo e propiedade de Red Eléctrica de España (REE).

Localización (área de afección):

As coordenadas que definen os vértices da plataforma onde se sitúa a SET colectora Nova son:

Vértices da subestación

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concello

X

Y

1

534.197,32

4.744.925,30

Santiago de Compostela

2

534.307,60

4.744.923,77

3

534.303,14

4.744.832,85

4

534.195,93

4.744.837,86

Características técnicas da instalación:

• A nova SET colectora Nova 220/132-66 kV estará composta polos seguintes elementos:

– Unha (1) posición de liña subterránea de 220 kV, de tecnoloxía HIS, para interconexión coa rede de transporte.

– Unha (1) posición de liña subterránea de 220 kV, de tecnoloxía HIS, para recepción da liña proveniente da SET A Picota.

– Dous (2) módulos de barras de 220 kV, un deles con medida de tensión.

– Unha (1) posición de transformador de 220/66 kV, con tecnoloxía HIS, para conexión dos parques con evacuación a 66 kV (PE Castro Valente e PE Monte Xesteiras).

– Dous (2) módulos de barras de 66 kV, un deles con medida de tensión.

– Dúas (2) posicións de liña subterránea de 66 kV, de tecnoloxía HIS, para recepción da liña de dobre circuíto prevista para as instalacións dos PPEE Castro Valente y Monte Xesteiras.

– Unha (1) posición de liña-transformador de 220/132 kV, con tecnoloxía HIS, para conexión do parque con evacuación a 132 kV (PE Huracán).

– Un (1) transformador de potencia 220/66 kV de 60/80 MVA (ONAN/ONAF).

– Un (1) transformador de potencia 220/132 kV de 45/60 MVA (ONAN/ONAF).

– Un (1) transformador de servizos auxiliares 30/0,4 kV de 100 kVA.

– A subestación ocupará unha superficie aproximada de 50×75 m2, en que se situarán o parque de intemperie, o edificio de control, os viais e as zonas de acceso e estacionamento, así como o espazo libre suficiente para posibilitar a ampliación da subestación. O edificio de control terá unhas dimensións en planta de 9,6×3 m e disporá dun único nivel.

• A liña de interconexión que enlaza a nova SET colectora Nova coa rede de transporte consiste nunha liña subterránea de alta tensión (LSAT) a 220 kV. Ten orixe na SET colectora Nova e fin na SET de transporte Santiago de Compostela 220 kV (propiedade de REE). Constará dun tendido de 350 m en simple circuíto e condutor tipo Exzhellent RHZ1-RA+2OL (AS) 127/220 1×2000 Al2 H250.

• Ademais, na gabia da liña de interconexión disporase de dous cables de fibra óptica para a transmisión de datos, co fin de establecer a comunicación entre as dúas subestacións (Santiago de Compostela 220 kV e colectora Nova).

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de execución (decembro 2021-visado o 16 de decembro de 2021).

1.1. Plano xeral do proxecto.

1.2. Relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), que figura no anexo que se achega neste acordo.

1.3. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto.

2. Proxecto de interese autonómico (PIA) (decembro 2021-visado o 16 de decembro de 2021).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, así como, en particular, das persoas propietarias dos predios afectados que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo (no DOG ou no xornal).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 62), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como no concello de Santiago de Compostela (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través do seguinte enlace:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 8 de agosto de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Anexo á relación de bens e dereitos afectados polo proxecto da SET colectora Nova 132/220 kV
e LAT 220 kV SET colectora Nova-SET Santiago de Compostela (expediente IN408A 2020/166)

Relación de bens e dereitos afectados

predio

Titular(es)

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Afeccións (m2)

Polg.

Parc.

Pleno dominio

Servidumes

Ocup. temp. (m²)

Subestación
(m²)

Vieiro

(m²)

Gabia
(m²)

Concello de Santiago de Compostela

11

Albela Lema Manuel

219

350

Agro Pena Grande

Matogueira

66,94

262,44

64,93

262,25

12

Bernal Vizoso María Carmen

219

351

Agro Pena Grande

Eucaliptos

-

392,77

70,88

274,32

13

Ufd Distribución Electricidad, S.A.

-

-

Rúa Esquío

Industrial

-

-

-

11,36

14

Red Eléctrica de España, S.A.

219

578

Porto Sixto

Industrial

-

-

97,25

142,17

21

Areoso Roca José

222

35

Monte Novo

Piñeiral madeirable

-

-

-

11,30

22

Santomil García Santiago

222

36

Monte Novo

Piñeiral madeirable

70,69

-

-

86,08

23

Rey Pais Manuel

222

37

Monte Novo

Piñeiral madeirable

1080,42

-

-

173,07

24

Noya Salgado Manuel, Noya Salgado Benigno

222

500

Monte Novo

Piñeiral madeirable

2386,58

-

-

87,16

25

Noya Santomil José María, Noya Salgado Manuel, Noya Salgado Benigno

222

38

Monte Novo

Piñeiral madeirable

3659,53

-

-

107,69

26

Portos Rilo Manuel

222

41

Monte Novo

Piñeiral madeirable

217,20

-

-

-

27

García Ferreiro Virginia

222

42

Monte Novo

Piñeiral madeirable

493,19

1,94

-

0,01

28

Caamaño Fernández Teresa

222

43

Monte Novo

Piñeiral madeirable

487,49

19,23

-

43,44

29

González Taboada Marisol

222

44

Monte Novo

Piñeiral madeirable

645,51

-

-

75,39

30

Descoñecido

222

5

Monte Novo

Piñeiral madeirable

351,22

57,31

31

Descoñecido

222

46

Monte Novo

Piñeiral madeirable

246,48

85,93

32

Descoñecido

222

47

Monte Novo

Piñeiral madeirable

2,59

18,62

Afeccións en metros cadrados (m2):

Superficie de pleno dominio:

• Subestación: correspóndese coa superficie de ocupación de pleno dominio da plataforma da subestación.

• Vieiro: correspóndese coa ocupación de pleno dominio do vieiro.

Servidumes:

• Gabia: área de réxime de servidume da gabia.

Outras afeccións:

• Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Correspóndese coa área de afección, a partir do borde de pleno dominio, de 2 m para a subestación e para os vieiros, e de 1,5 m para a gabia.