Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 44710

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 10 de agosto de 2022 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D).

A través da Resolución do 7 de xuño de 2022, pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña) (código de procedemento BS213D), convocouse o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

O número décimo cuarto do anexo I da Resolución do 7 de xuño de 2022 establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de agosto de 2022 ditada no procedemento BS213D de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), que se xunta coa presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de agosto de 2022, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o convenio coa entidade seleccionada, de acordo co modelo previsto no anexo IV. A data límite de sinatura do convenio será o 1 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia,
Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 10 de agosto de 2022 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña).

A través da Resolución do 7 de xuño de 2022, pola que se convoca o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), convocouse o procedemento de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na LORPM no centro de reeducación Concepción Arenal, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñen que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, no centro de reeducación Concepción Arenal (A Coruña), a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de valoración e baremo do punto décimo primeiro do anexo I da Resolución do 7 de xuño de 2022:

Nº de

expediente

Entidade

NIF

Calidade da asistencia e intervención proposta

Medios persoais dispoñibles

Experiencia profesional

Importe da cantidade xustificada

Total

BS213D-1

Fundación Camiña Social

G27381797

28,95

3

5

20

56,95

Segundo. Asinar o convenio coa entidade seleccionada con data límite 1 de setembro de 2022.

Terceiro. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no número décimo cuarto da Resolución do 7 de xuño de 2022.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Xuventude».