Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 44709

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 8 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR790A).

Advertido erro material na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 152, do mércores 10 de agosto, procédese a efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 43362, no artigo 4.2 hai un erro material e onde di: «b) Ter un alta como persoa traballadora autónoma nun sector diferente o anterior, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037).», debe dicir: «b) Ter un alta como persoa traballadora autónoma nun sector diferente o anterior, causando e mantendo a baixa da actividade ou actividades nos sectores exercidos como autónoma ata a nova alta, para o que se terá en conta o CNAE e o IAE (modelos 036 ou 037).».