Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Luns, 22 de agosto de 2022 Páx. 44706

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 10 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

O día 11 de febreiro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023.

No seu artigo 1 disponse que a orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 para a concesión de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia, criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en reservas da biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.

O artigo 13 da orde de axudas recolle que as axudas solicitadas serán baremadas segundo os seguintes criterios xerais:

a) A puntuación máxima dunha operación será de 130 puntos.

b) O limiar mínimo para ser subvencionable será de 65 puntos, dos cales 30 deben obterse nos tres primeiros criterios.

c) A igualdade de puntos, darase prioridade aos proxectos cunha maior superficie de actuación. Se continúa o empate, darase prioridade a aqueles proxectos cunha menor relación importe/ha e, de continuar, a aqueles proxectos que inclúan accións de formación, capacitación e planificación en reservas da biosfera transfronteirizas.

Como resultado da aplicación do limiar mínimo establecido no artigo 13 da orde de axudas, no caso das axudas destinada a concellos integrantes das reservas da biosfera (artigo 2.1.a), observase un elevado número de expedientes que resultan non subvencionables, a pesar de ser elixibles e dispoñer de orzamento suficiente para a súa adxudicación.

En virtude do exposto, e no uso das facultades que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Modificación do artigo 13.1 da Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 nos seguintes termos:

1. Modifícase o artigo 13.1 que queda redactado como segue:

«As axudas solicitadas serán baremadas segundo os seguintes criterios xerais:

a) A puntuación máxima dunha operación será de 130 puntos.

b) O limiar mínimo para ser subvencionable será de 25 puntos, no caso dos concellos (artigo 2.1.a), dos cales 20 deben obterse nos tres primeiros criterios; e 65 puntos no caso das restantes beneficiarias (artigo 2.1.b), c) e d), dos cales 30 deben obterse nos tres primeiros criterios.

c) A igualdade de puntos, darase prioridade aos proxectos cunha maior superficie de actuación. Se continúa o empate, darase prioridade a aqueles proxectos cunha menor relación importe/ha e, de continuar, a aqueles proxectos que inclúan accións de formación, capacitación e planificación en reservas da biosfera transfronteirizas».

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda