Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 1 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación da resolución pola que se denega a prórroga de concesión administrativa a un parque de cultivos mariños na praia de Lordelo, no Grove (Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación e non podéndose practicar ao ser devolta polo servizo de Correos coa indicación de que o interesado faleceu, ante a posibilidade de existencia de persoas interesadas descoñecidas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución ditada pola xefa territorial da Consellería do Mar en Vigo, por delegación da conselleira, o 12 de xullo de 2022, pola que se lle denega a Carlos Rodríguez Baulde a prórroga de concesión administrativa dun parque de cultivos mariños na praia de Lordelo, no Grove (Pontevedra).

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), nas oficinas da Xefatura Comarcal da Consellería do Mar, situadas no Alto da Rosa, s/n, O Carril, Vilagarcía de Arousa, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Vigo, 1 de agosto de 2022

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Posibles persoas herdeiras descoñecidas de Carlos Rodríguez Baulde

Resolución do 12.7.2022