Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Venres, 12 de agosto de 2022 Páx. 44062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2022 pola que se autoriza a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Jovi.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Jovi e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 7 de xullo de 2022, Ramón Galbán Caamaño solicitou autorización para a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa da batea Jovi.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Tercera. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Fernando Galbán Rubio (***7794**), da concesión administrativa e do establecemento que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jovi.

Situación:

Cuadrícula nº: 5.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28.9.1971.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Ramón Galbán Caamaño (***0894**) e Dolores Rubio Vidal (***9714**).

Novo titular: Fernando Galbán Rubio (***7794**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da mellora en escritura pública e, especialmente, subrógase en todas as obrigas contraídas polos transmitentes en relación coa axuda tramitada, concedida e percibida mediante o expediente PE205J 2021/171-1, por importe de 20.690,75 € en concepto de subvencións para compensar os acuicultores que tivesen perdas de produción entre o 1 de febreiro e o 31 de decembro de 2020 como consecuencia do brote da COVID-19, cofinanciado co Fondo Europeo Marítimo e de Peca (FEMP), regulado na Orde do 11 de xuño de 2021. Así mesmo, o novo titular comprométese a non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no Regulamento UE 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 21 de xullo de 2022

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña