Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Xoves, 11 de agosto de 2022 Páx. 43569

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 29 de xullo de 2022 pola que se modifica a autorización do CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón, de Lugo.

A representación da titularidade do CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón, de Lugo, solicita a modificación da autorización para impartir, na modalidade semipresencial e a distancia, o ciclo formativo de grao medio (CM) Emerxencias sanitarias.

O centro conta con autorización para impartir as mencionadas ensinanzas na modalidade presencial, conforme a Orde do 2 de xullo de 2021 (DOG do 14 de xullo).

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir, na modalidade semipresencial e a distancia, o CM Emerxencias sanitarias, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación: CPR Seminario Diocesano Sagrado Corazón.

Código: 27006425.

Domicilio: rúa Anxo López Pérez, s/n.

Localidade: Lugo.

Concello: Lugo.

Provincia: Lugo.

Titular: Diocese de Lugo.

Composición resultante:

Modalidade presencial, réxime ordinario:

Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

Bacharelato: 4 unidades, modalidades: Ciencias e Tecnoloxía; e Humanidades e Ciencias Sociais.

Formación profesional:

• CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Hixiene bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Acondicionamento físico (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas:

• CM Emerxencias sanitarias.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa axeitado á súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial,

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a titoría colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente e, conforme o artigo 12 da mencionada Orde do 5 de novembro de 2010, as horas semanais de dedicación á titoría colectiva para que o alumnado realice as actividades programadas non poderán ser inferiores ao enteiro igual ou inmediatamente superior ao 25 % das horas semanais que se establezan para cada módulo profesional.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, para o cal utilizará os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non supere o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Lugo, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades