A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do Acordo.
En consecuencia, por proposta da Axencia de Turismo de Galicia e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 4 de agosto de 2022, adoptou o seguinte,
ACORDO:
Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo Axencia de Turismo de Galicia nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.
Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación, agás os efectos económicos do complemento específico dos postos dos inspectores de turismo que a súa entrada en vigor é o 1 de setembro de 2022 .
Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 4 de agosto de 2022, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Axencia de Turismo de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2022
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública