Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción das instalacións do proxecto LMTS cambio de sección SCY 813 entre CTS 155HJW e 15CNDO no concello de Santiago de Compostela (expediente-e IN407A 2022/004-1).

Expediente-e: IN407A 2022/004-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS cambio de sección SCY 813 entre CTS 155HJW e 15CNDO.

Concello: Santiago de Compostela.

Feitos.

1. O 28 de decembro de 2021, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado LMTS cambio de sección SCY 813 entre CTS 155HJW e 15CNDO co fin de atender as subas de demanda nas rúas Altamira, praza de Santo Agostiño, Cantón de San Bieito, praza de Cervantes, rúa das Casas Reais, rúa da Algalia de Abaixo, praza da Algalia de Abaixo, praza de San Roque, rúa de San Roque e rúa Ramón del Valle Inclán, do concello de Santiago de Compostela.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado: LMTS cambio de sección SCY 813 entre CTS 155HJW e 15CNDO.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado dunha separata do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, na parte en que a instalación podía prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, coas características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe ao Concello de Santiago de Compostela e ao Servizo do Patrimonio Cultural (A Coruña).

A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polos ditos organismos públicos.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplicará neste expediente é a que a seguir se relaciona:

A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Substitución de condutor existente tipo RHV 12/20 kV 1×150 por LMTS a 20 kV de 609 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 AL, con orixe no CT Altamira (15SHJW) existente da LMT SCY 813 (expediente IN407A 2016/22291-1) e remate en arqueta existente próxima ao CT Valle Inclán (15CNDO).

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar, ante esta xefatura territorial, unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 22 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña