Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43235

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ames (expediente IN407A 2021/244-1).

Expediente: IN407A 2021/244-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento no lugar de Ventín.

Situación: concello de Ames.

Feitos:

1. O día 26 de novembro de 2021 a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

Achega o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 que abrangue o seguinte documento:

• Proxecto de execución nomeado: recuamento no lugar de Ventín.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, no de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Ames. Non figura no expediente ningún condicionado emitido.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

– A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación situada no lugar de Ventín (Ames) son as que a seguir se describen:

• Modificación dun tramo de liña da LMT SNT-827.

• Retensado de liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 64m, coa orixe en apoio formigón A5HTR2EJ//4 (existente), condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final en apoio proxectado C 14/7000.

• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, cunha lonxitude de 343 m, coa orixe en paso aéreo soterrado proxectado en apoio tipo C 14/7000, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en punto de acceso a rede proxectado, logo de facer entrada e saída no novo centro de transformación.

• Novo centro de transformación soterrado prefabricado no lugar de Ventín, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400 V.

• Desmantelamento do treito da liña e do transformador existentes que se recuamentan.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de xuño de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña