Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Martes, 9 de agosto de 2022 Páx. 43287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2022/1-1).

Expediente: IN407A 2022/1-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LATs 66 kV SUB. Carballo (blindaxe subestación).

Concello: Carballo.

Feitos:

1. O 21.12.2021, Ana María Salgado López, en nome e representación de UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou ante esta xefatura territorial a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións do proxecto de execución denominado recuamento LATs 66 kV SUB. Carballo (blindaxe subestación), coa finalidade de modificación do trazado da LAT 66 kV C1 Bértoa-Carballo, da LAT 66 kV DC Cabana/Boaña-Carballo e da LAT 66 kV Unemsa-Carballo por mellora na calidade da subministración debida á blindaxe da subestación de Carballo (IN407A 2020/129-1).

Coa solicitude achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e presuposto, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado recuamento LATs 66 kV SUB. Carballo (blindaxe subestación), asinado por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, colexiado núm. 2.221 de Galicia, o 7.12.2021 con núm. de visado 20213745 do 7.12.2021.

• Proxecto de execución denominado anexo I, asinado por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, colexiado núm. 2.221 de Galicia, o 19.5.2022, con núm. de visado 20221479 do 24.5.2022.

2. O/os proxectista/s presentaron declaración responsable, segundo o establecido no punto 1.b), artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria (DOG do 19 de marzo).

3. Consonte o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a presente instalación está exenta do trámite de información pública.

De conformidade co artigo 46.e) da dita lei, o solicitante achegou declaración responsable en que fai constar que dispón de acordos previos con todas as persoas titulares dos bens e dereitos afectados.

4. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente.

UFD Distribución Electricidad, S.A. presentou separatas para os seguintes organismos: Concello de Carballo, Augas de Galicia, AXI, Deputación Provincial da Coruña e Jazztel, Telefónica, Grupo Calvo, UFD Distribución Electricidad, S.A. manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

5. O 1.6.2022 os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre o proxecto de instalacións.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías de la Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se aplica neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

c) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

d) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

e) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

f) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

1. LAT 66KV C1 Bértoa-Carballo:

1.a) Variante aérea AP.8-Pórtico SE Carballo: novo apoio 9N de transición aero-soterrada (H-9500-10, 25-PAS 2, 4-4,3 PAS), baixo trazado a 94,66 metros do apoio 8 que se mantén. Novo treito aéreo entre os apoios 8 e 9N PAS de 94,66 metros. Eliminación do trazado existente desde o novo apoio 9N PAS hasta o pórtico da SE carballo.

• Desmantelamento da liña aérea en simple circuíto entre o pórtico da SE Carballo e o novo apoio 9N PAS. (462,91 metros de lonxitude por fase/cable).

• Retirada dos apoios existentes 9//92048350, 10//92048351 e 11//92048352.

• Regulado dos condutores e do cable de fibra óptica entre o apoio 8//92048349 e o novo apoio 9N PAS (94,66 metros de lonxitude por fase/cable).

1.b) Variante soterrada desde Ap.9N PAS-posición SE Carballo.

• Novo treito soterrado de canalización simple circuíto de 857 metros entre o apoio 9N PAS e as posicións no novo edificio blindado da SE Carballo.

• Instalación dunha cámara de empalme na rúa de José María Castroviejo.

2. LAT 66KV DC Cabana/Boaña-Carballo.

2.a) Variante aérea entre pórtico SE Carballo- AP.3.

Novo apoio 1N PAS de transición aero-soterrado (D-19800-15,00-PAS 3,0-3,3 PAS), baixo traza a 183,91 metros do apoio 2//92020888 a manter.

A variante comprende un novo treito aéreo entre os apoios 3 e 1N PAS de 501,04 metros. A dita variante require a eliminación do trazo existente dende o novo apoio 1N PAS ata o pórtico da SE Carballo.

Actuacións para realizar:

• Desmantelamento da liña aérea en dobre circuíto entre o pórtico da SE Carballo e o novo apoio 1N PAS a instalar (217,12 metros por fase/cabo).

• Retirada do apoio existente 1//92020887.

• Regulado dos condutores, do cabo de protección AC-50 e dos cabos de fibra óptica entre os apoios 1N PAS para instalar e o apoio 3//92020889 (501,04 metros por fase/cabo).

2.b) Variante soterrada dende POS. SE Carballo-AP.1N PAS

O trazo soterrado require dun novo apoio de transición aero-soterrado (1N PAS) dobre circuíto, situado baixo traza, a 183,91 metros do apoio 2//92020888 a manter.

Actuacións para realizar:

• Novo treito soterrado de dobre canalización de 348,66 metros entre as posicións do novo edificio blindado da SE Carballo e o apoio 1N PAS para instalar.

3. LAT 66KV Unemsa-Carballo.

Variante soterrada remate de liña.

Desmontaxe do trazado soterrado existente de 60 metros e tendido de novo percorrido de 30 metros. A nova canalización discorrerá en paralelo coa liña de alta tensión en dobre circuíto LAT 66kV Carballo-Cabana/Boaña.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a UFD Distribución Electricidad, S.A .a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación de distribución eléctrica de referencia.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/a director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña