Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 26 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20220121TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 4 de maio de 2022, a Xefatura Territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 20220121TA-PO contra a persoa titular do DNI 36157809S.

Logo de intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio, se lle notifica á persoa titular do DNI 36157809S o contido do devandito acordo que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da lei, para o seu coñecemento.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno núm. 43, 1º andar, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da devandita lei.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, consonte o artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Advírteselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 26 de xullo de 2022

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 20220121TA-PO.

DNI da persoa denunciada: 36157809S.

Último enderezo coñecido: rúa Soutomaior 2-5º B, 36209 Vigo.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, artigo 7.p): «Prohíbese fumar en: p) estacións, portos e medios de transporte ferroviario e marítimo, agás nos espazos ao aire libre».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: «Consideraranse infraccións leves: a) Fumar nos lugares en que existe prohibición ou fóra das zonas habilitadas para o efecto».

Sanción proposta: trinta euros (30 €).