Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Luns, 8 de agosto de 2022 Páx. 43067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 20211795AECO por infracción en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 20211795AECO incoado na Xefatura Territorial da Coruña á persoa/entidade que se sinala no anexo.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, facilitaranlle impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2022

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 20211795AECO.

Documento de identificación: 35464701N.

Último enderezo coñecido: rúa Muíños, 3, 1º dta., 15679 Cambre.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.001,00 €.