Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 18 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican ás persoas solicitantes do dereito de asistencia xurídica gratuíta os requirimentos de documentación acordados pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra no expediente PR204A 2022/3902-4 e nove máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación acordado pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta ao non ser posible á súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro dos requirimentos que se notifican, xunto co resto da documentación dos expedientes, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica en Pontevedra (avenida María Victoria Moreno, 43, 9º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).

O requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre aquel e o seu efectivo cumprimento por parte da persoa destinataria ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido no requirimento para cumprilo.

O prazo de que dispón a persoa solicitante do dereito para achegar a documentación requirida é de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a Comisión ditará resolución que poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

Pontevedra, 18 de xullo de 2022

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

DNI/NIE/Pasaporte

PR204A 2022/3902-4

09062701B

PR204A 2022/4237-4

76827424H

PR204A 2022/4326-4

77413079R

PR204A 2022/4386-4

35628996H

PR204A 2022/4391-4

77417635A

PR204A 2022/4429-4

77416213F

PR204A 2022/4432-4

35468911J

PR204A 2022/4435-4

76821046B

PR204A 2022/4545-4

76865099L

PR204A 2022/4602-4

33335956D