Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente TSXG-003/2022 PO 7050/2022 TSXG).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non fose posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Intentadas as notificacións no último domicilio coñecido, e logo de ser devoltas polo servizo de Correos por resultar imposible efectualas, por medio deste anuncio comunícaselles as persoas que se sinalan no anexo que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7050/2022 na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 3, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto contra a Resolución do 29 de outubro de 2021 pola que se acorda aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.

Esta vicepresidencia primeira acordou o 22.2.2022, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido tribunal, o que se lles notifica e son emprazadas co fin de que poidan comparecer, se o consideran oportuno, perante o dito tribunal, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia Primeira
e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32338090K

Emprazamento

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32316349S

Emprazamento

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32306907A

Emprazamento

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32537492J

Emprazamento

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32380949P

Emprazamento

TSXG-003/2022

PO 7050/2022

32759265C

Emprazamento