Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Xoves, 4 de agosto de 2022 Páx. 42714

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a declaración da condición mineiromedicinal e termal das augas procedentes da captación O Baño, no concello de Bande (Ourense).

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación fai público que o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, asinou o 5 de xullo de 2022 a resolución da declaración da condición mineiromedicinal e termal das augas procedentes da captación O Baño, no termo municipal de Bande, provincia de Ourense, cos seguintes datos:

Nome: O Baño.

Recurso: sección B) auga mineiromedicinal e termal.

Termo municipal: Bande.

Titular: Concello de Bande.

Situación: coordenadas UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 584.344 e Y: 4.648.005.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do punto 2 do artigo 7 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiromedicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/instalacions-mineiras

Ourense, 12 de xullo de 2022

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 230/2020, artigo 36.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Administración Industrial