Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 2 de agosto de 2022 Páx. 42430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2022/69-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado pola enxeñeira técnica industrial Eva Pérez Boullón, colexiada núm. 2790 do COITI-Santiago, quen achega declaración responsable que acredita a súa habilitación e competencia, asinada o 10.5.2022.

Solicitante: Papeles y Desarrollos, S.L. (Paydes) CIF: B32401846.

Domicilio: rúa Curros Enríquez, 1, 8º, 32003 Ourense.

Denominación: LMTS, derivada da CNO808, e CS de compañía, no polígono industrial A Uceira-O Carballiño, parcela número 14.

Situación: concello do Carballiño (Ourense).

Orzamento: 55.984,93 €.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, derivada da CNO808, de alimentación a centro de seccionamento (CS) proxectado, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm² Al, de 115 m de lonxitude, con inicio en punto de acceso á rede situado entre a subestación do Carballiño (CNO) e o CT 32SHP5 e final con E/S en CS proxectado.

– Centro de seccionamento (CS), situado próximo a CT particular, en edificio prefabricado de formigón, tipo CMS, con conxunto 3 celas de liña de entrada, de saída e de cliente (2 telecontroladas -saída de liña e de cliente-), e cela de protección con trafo de tensión para alimentación de SS.AA.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

As instalacións do presente proxecto son de cesión obrigatoria para formar parte da rede de distribución, polo que os trámites de autorización de explotación e posta en servizo serán realizados directamente coa empresa distribuidora, seguindo para iso o procedemento previsto no artigo 132 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Ourense, 20 de maio de 2002

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense