Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concello de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN407A 2021/215-1).

Expediente: IN407A 2021/215-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación BRT803, apoios 115-28 ao 115-35.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

1. Características técnicas:

Substitución dos apoios nº 115-28, 115-29, 115-30, 115-31, 115-32, 115-33, 115-34 e 115-35 existentes da LMTA BRT803, mediante novos apoios tipo celosía C-16/1000-H35-CA(Cs)III, C-16/1000-H35-CA(Cs)III, C-16/2000-H35-CA(Cs)III, C-16/1000-H35-CA(Cs)III, C-14/1000-H35-CA(Cs)III, C-18/2000-T35-CA(Cs)III, C-16/1000-T35-CA(Cs)III e C-16/2000 H35 CAIII respectivamente e o tendido de 7 novos vans de 1.160 m de lonxitude en condutor LA-56 comprendido entre os apoios proxectados.

Retensado en condutor LA-30 (entre o apoio existente nº 115-27 e o novo apoio nº 115-28 e entre o novo apoio nº 115-35 e o apoio existente nº 115-36). Retensado do van en derivación ao CT Taraio (15ACM2) en condutor LA-56 desde o apoio nº 115-30.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013 do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así coma nos concellos. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2021/215-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación BRT803, apoios 115-28 ao 115-35.

Concellos: Mapica de Bergantiños e Ponteceso.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais:

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais;

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2;

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Concello de Malpica de Bergantiños:

Nº de predio

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Pol.

Parc.

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

13

42

Chousas Novas

Rústico. Agrario.

Piñeiral madeirable

José Castro Castro

115-29

2

3

13

43

Chousas Novas

Rústico. Agrario.

Prados ou pradeiras

José Castro Castro

115-30

2

4

13

8

Chousas Novas

Rústico. Agrario.

Prados ou pradeiras

José Castro Castro

115-31

2

Concello de Ponteceso:

Nº de predio

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Pol.

Parc.

Apoio nº

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

5

60

261

Redondas

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío

secaño

José Castro Castro

115-32

115-33

16

6

504

100

Agro

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío

secaño

Descoñecido

115-34

2

7

504

88

Fontes

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío

secaño

Jaime Castro Cotelo

115-35

2