Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42253

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2022 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal funcionario.

Vacante o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución, e ao ser necesaria a súa provisión, o xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 21 de abril de 2022, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no Regulamento de mobilidade de PAS funcionario da Universidade de Santiago de Compostela (USC), aprobado en Consello de Goberno do 30 de outubro de 2020, resolve convocar a súa provisión, mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar figura como anexo II desta convocatoria e presentarase exclusivamente a través do Rexistro electrónico da USC,
https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceira. A solicitude deberá presentarse acompañada de curriculum vitae e da xustificación documental daqueles méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal dos/as aspirantes na Universidade de Santiago de Compostela, de ser o caso.

Cuarta. No caso de que resulte seleccionado persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requiriráselle o informe favorable do departamento a que figure adscrito.

Quinta. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia, e de considerarse oportuno, poderá declararse deserto este posto de traballo.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2022

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: Secretaría. Consello Social.

Número de praza: PF000995.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 21.720,16 euros.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

Universidade de Santiago de Compostela

Solicitude de participación no procedemento de libre designación,
convocado pola Resolución da Xerencia do 20 de xullo de 2022

DATOS PERSOAIS

DNI

APELIDOS

NOME

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA DE PROCEDENCIA

CORPO OU ESCALA A QUE PERTENCE

SUBGRUPO

TELÉFONO

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

DENOMINACIÓN DO POSTO

A persoa que asina máis abaixo solicita ser admitida na convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, para o que se compromete a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e do Regulamento (UE) nº 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola USC no tratamento denominado «Persoal» cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e seguridade social e xestión de persoal. O órgano responsable do devandito tratamento é a Xerencia ante a cal se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade, na Casa da Balconada; rúa Nova nº 6; 15782 Santiago de Compostela, correo electrónico: xerente@usc.es, teléfono 881 81 10 10. O enderezo do delegado de Protección de Datos é dpd@usc.es A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e na Lei autonómica 6/2013, do sistema universitario de Galicia). Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia, e nos supostos de obrigacións legais. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento oposición e portabilidade a través de sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén se poden dirixir á Axencia Española de Protección de Datos para realizaren a reclamación que consideren oportuna. Os datos serán conservados durante o período en que se realice a finalidade para a cal foron recollidos, ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Autorizo o tratamento dos datos proporcionados de acordo coa lexislación vixente.

..., ... de ... de 2022

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela