Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 1 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Outes (expediente-e IN407A 2022/165-1).

Expediente-e: IN407A 2022/165-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT TA2808-apoios 54-A-47-B-1 ao 54-A-47-B-4, no lugar de Braño.

Concello: Outes.

1. Características técnicas:

• LMTA (actuación 1) a 20 kV, de 101 metros (83 m para retensar e 18 m proxectados), condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio 9JHEUHT7//54-A-47-B-5 de formigón existente da LMT TA2808 e remate no apoio 9JJCPGER//54-A-47-B-4-1 CT existente. Actuación feita sobre 3 apoios (2 existentes e 1 proxectado).

• LMTA (actuación 2) a 20 kV, de 607 m (381 m para retensar e 226 m proxectados), condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio 9JVXI52S//54-A-44 de formigón existente da LMT TA2808 e remate no apoio 9JOVB1RL//54-A-48 existente. Actuación efectuada sobre 5 apoios (2 existentes e 3 proxectados).

• Soterramento dun treito da LMT TA2808 (expediente 34838) cunha lonxitude total de 779 m, con orixe no PA/S en apoio metálico de celosía proxectado, substituíndo o apoio 9JTB0WE//54-A-45, e remate no PA/S en apoio metálico de celosía proxectado, cambiando o apoio 9JJC01DC//54-A-47-B-4. Desmontaxe da liña aérea (condutor LA-30) entre os apoios 9 JORJSF4//54-A-47 e o 9 JJC01DC//54-A-47-B-4.

• Desmantelamento de tres apoios e substitución doutros dous. O apoio 9JORJSF4//54-A-47 substitúese por un apoio de celosía tipo C-3000-14 na mesma localización, mentres que o apoio 9JJC01DC//54-A-47-B-4 se muda por un apoio de celosía tipo C-1000-14 e substitúe o condutor tipo LA-56 entre este apoio e o apoio 9JJCPGER//54-A-47-B-4-1 CT.

• Reconectador (RC) no apoio de 9JTB0WE//54-A45. Esta actuación comporta a substitución do van posterior e, pola súa vez, o cambio do apoio 9JPSPLSP//54-A-46 por un novo apoio tipo C-1000-16.

2. Lexislación de aplicación:

I. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

II. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

III. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

IV. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

V. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

VI. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

VII. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa a través do correo electrónico: seccion.enerxia.coruna@xunta.es, ou tamén nos teléfonos: 981 18 49 70 e 981 18 49 38), así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e, en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren adecuadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 1 de xullo de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2022/165-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación da LMT TA2808-apoios 54-A-47-B-1 ao 54-A-47-B-4, no lugar de Braño.

Concello: Outes.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.

Número de predio: 3.

Lugar: Braño.

Referencia catastral: polígono 501-parcela 84.

Cultivo: rústico e agrario.

Propietaria/o: herdeiras/os de Manuel Conde Lema.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 54-A-47-B-4.

• m2: 2,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• ml aér.: 20,0.

• m2 aér.: 415,0.

Número de predio: 4.

Lugar: Braño.

Referencia catastral: polígono 501-parcela 99.

Cultivo: rústico, agrario e matogueira.

Propietario: Manuel Conde Lema.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• ml aér.: 18,0.

• m2 sot.: 21,0.

• m2 aér.: 282,0.

• m2 sot.: 63,0.