En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luís, 77, 28033 Madrid.
Denominación: regulamentación da LMT ALL805 en apoio BD1HUQ73//16-2.
Situación: concello de Allariz.
Características principais recollidas no proxecto:
– Substitución do apoio con matrícula BD1HUQ73//16-2 por deterioración na cimentación, e instalación de novo condutor, de tipo LA-56, no tramo afectado, así como o retensado daquel nos tramos adxacentes.
O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.
Documentación que se expón:
1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Sergio Rodríguez Rodríguez, colexiado número 482 do COITIOU, o 5.10.2021.
2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.
3. Planos parcelarios do proxecto.
O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Poderase examinar toda a documentación nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:
http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica
Ourense, 6 de xullo de 2022
O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 116/2022, artigo 41.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria de Ourense
ANEXO
Relación de bens e de dereitos afectados
Núm. de expediente: IN407A 2022/104-3.
Concello: Allariz.
Denominación: regulamentación da LMT ALL805 en apoio BD1HUQ73//16-2.
Predio núm. en proxecto: 1.
Lugar: O Piñeiro.
Cultivo: prado.
Titular: hrdos. de Manuel Castro Blanco.
Afeccións: apoio núm. BD1HUQ73//16-2, cunha superficie de ocupación de 2 m2.