En cumprimento do disposto no artigo 70.2 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado publico, faise público que, de acordo co artigo citado e co artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Xunta de Goberno Local, en sesión do 27 de maio de 2022, aprobou a oferta de emprego público do Concello da Pastoriza para o ano 2022, que comprende a praza que a seguir se menciona dotada no orzamento da corporación e, en atención ao disposto no artigo 20 da Lei 22/2021, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2022:
Categoría |
Número de vacantes |
Denominación |
Tipo de xornada |
Sistema de selección |
Persoal laboral |
1 |
Operario/a de servizos múltiples |
Completa |
Concurso oposición |
Contra a resolución que se publica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer alternativamente recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.
A Pastoriza, 6 de xullo de 2022
Primitivo Iglesias Sierra
Alcalde presidente