Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación inicial do expediente FG 699.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2022003516 do 19 de xullo de 2022, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle do quinteiro H6 do PP6, polígono II, Obelisco (documento RE número 2022011892 do 23 de xuño de 2022).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.30 horas, polo prazo dun (1) mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 20 de xullo de 2022

Ángel García Seoane
Alcalde presidente