A Alcaldía, mediante a Resolución do 30 de maio de 2022, nomeou persoal funcionario deste concello a Ana Celia Barcia Rodríguez, con DNI xx834xxx-Z, para desempeñar o posto de arquitecta técnica, con xornada a tempo parcial (dous días semanais), encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnica media, integrada no grupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas para o efecto.
O nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
Contra a resolución do nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer os interesados, ben recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.
Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme a dereito.
Mondariz-Balneario, 30 de maio de 2022
José Antonio Lorenzo Rodríguez
Alcalde