Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42286

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 24 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Inclusión Social, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador PS-DXIS-03-2022.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.

Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias da Dirección Xeral de Inclusión Social, Servizo de Coordinación de Servizos Sociais Comunitarios, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 8A, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, de conformidade co sinalado no acordo de incoación referido, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de incoación, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, no acordo de inicio do expediente sancionador, confírmase a medida provisional previamente adoptada mediante a que se suspende temporalmente o acceso aos servizos e dependencias do recurso social ao presunto responsable durante a tramitación e instrución do procedemento sancionador e ata que deveña firme a resolución administrativa que corresponda, de conformidade co disposto no artigo 56 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 97.3 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

A persoa interesada poderá interpoñer un recurso de alzada contra a referida medida provisional ante a persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación do citado acordo tras a comparecencia, tal e como prescribe o artigo 56 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Expediente: PS-DXIS-03-2022.

Persoa interesada: DNI/NIE/pasaporte PQ2351390.

Acto de notificación: Acordo do 4 de maio de 2022 de incoación do procedemento sancionador.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.

Sanción proposta: artigo 96 da Lei 13/2008, do 3 de decembro.