Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 18 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0011/2022.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentada dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 18 de xullo 2022

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada

Acto notificado

Acto adoptado polo

CON-PO-0011/2022

77008357X

Resolución

Xefe territorial