Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 1 de agosto de 2022 Páx. 42288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 28 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, polo que se notifica unha resolución ditada no procedemento BS403B (expediente 2020-00003826).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto que se relaciona sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a través deste anuncio a resolución do recurso de reposición interposto pola persoa interesada contra a resolución ditada no procedemento de conformidade co establecido na Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptadas/os ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 12, do 20 de xaneiro de 2020.

Para os efectos, emprázase a persoa interesada que figura no dito anexo, por si ou a través da persoa que a represente legalmente, para que compareza no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Conciliación Familiar da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica (Edificio Administrativo San Caetano, 8B, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, tendo á súa disposición o expediente para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica.

Se a persoa interesada non comparece no dito prazo, a notificación entenderase producida o día do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a referida resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, pode interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, practicada por comparecencia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2022

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e
Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución recurso de reposición (código de procedemento BS403B)

Número de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE/pasaporte

Acto administrativo e data

BS403B-2020-0003826

77010818X

Resolución do 31.3.2022