Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 41793

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da Política Agrícola Común así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

BDNS (Identif.): 641697.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob. es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a seguir:

a) As persoas agricultoras e gandeiras solicitantes das axudas correspondentes á política agrícola común (PAC) que presenten ou presentasen a súa solicitude consonte o previsto na Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, ou

b) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que presenten ou presentasen a declaración responsable establecida no anexo II do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios, ao abeiro do seu artigo 8 e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou

c) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que presentasen a declaración responsable establecida no anexo II do Real decreto 428/2022, de acordo co artigo 9 da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína (DOG núm. 140, do 22 de xullo), e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou

d) as persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que presentasen a solicitude da letra a) e/ou a declaración responsable das letras b) ou c).

e) Que subscriban ou teñan subscrito un préstamo persoal do anticipo da PAC 2022 con algunha das entidades financeiras que se relacionan no anexo IV, asinantes do Convenio entre a Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, e diversas entidades financeiras para a formalización de préstamos preferentes para o anticipo das axudas directas, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control correspondentes PAC, relativas á Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control ou das axudas para percibir na convocatoria de axudas complementarias destinadas aos sectores máis afectados, e que sexan financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou ambas.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto modificar a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 28 de xullo de 2022 pola que se modifica a Orde do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas para o pagamento da comisión de apertura destinadas ás persoas beneficiarias dos préstamos para o adianto das axudas directas da política agrícola común, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control da campaña 2022 (código de procedemento MR242A).

Cuarto. Contía

1. A contía da axuda será do 2 % do importe do préstamo concertado entre a persoa solicitante da PAC e as entidades financeiras para o adianto de ata o 100 % dos importes das axudas directas, así como das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control ou das axudas para percibir na convocatoria de axudas complementarias destinadas aos sectores máis afectados, que serán financiadas con fondos Feader do PDR Galicia 2014-2020, ou ambas. A contía calcularase tomando como referencia o importe pagado anteriormente a cada persoa solicitante polas axudas correspondentes.

Quinto. Solicitude e prazo

As entidades colaboradoras deberán comunicar, antes do 30 de setembro de 2022, a acreditación da formalización do préstamo do adianto da PAC 2022, segundo o modelo que figura no anexo I da orde, xunto coa documentación complementaria indicada no artigo 6.

A comunicación do punto anterior efectuarana as entidades colaboradoras exclusivamente a través de medios electrónicos. Para a comunicación empregarase o formulario normalizado cuxo modelo se inclúe como anexo I da orde, dispoñible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, accedendo ao procedemento MR242A.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural