Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Venres, 29 de xullo de 2022 Páx. 42071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de xullo de 2022, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se lles comunican aos posibles titulares de dereitos e intereses os acordos adoptados por este xurado relativos a deslindamentos entre montes veciñais en man común (expediente 90/75 e sete montes máis).

Na sesión que tivo lugar o día 28.6.2022, o Xurado Provincial de Clasificación de MVMC de Lugo, por unanimidade, acordou aprobar os seguintes deslindamentos entre montes veciñais e proceder ás oportunas modificacións nos expedientes correspondentes:

― Monte Chan de Busto (expediente 90/75), pertencente aos veciños do lugar de Vilabol; e monte da Trapa e Pena de Santalla (expediente 89/75), pertencente os veciños do lugar de Quintá. Ambos da parroquia de Quintá, no concello das Nogais.

O 19.1.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 25.3.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Aportan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 12.4.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_2) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, e cuxas superficies pasan a ser:

– MVMC Chan de Busto: 66 hectáreas.

– MVMC Trapa e Pena de Santalla: 78 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo I, ao final deste anuncio.

– Monte Sinada (expediente 8/78), pertencente aos veciños do lugar de Sinada; e monte Mosteiro (expediente 130/78), pertencente aos veciños do lugar de Mosteiro. Ambos na parroquia de Mosteiro, concello de Navia de Suarna.

O 25.2.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 30.4.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 6.5.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_7) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, cuxas superficies pasan a ser:

– MVMC Sinada: 106,39 hectáreas.

– MVMC Mosteiro: 167,37 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo II, ao final deste anuncio.

– Monte Granda Abilleira e Salgueiros (expediente 45/79), pertencente aos veciños da parroquia de Duarría; e monte Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira (expediente 42/79), pertencente aos veciños da parroquia de Loentia, ambos no concello de Castro de Rei.

O 4.3.2022 foi presentada unha solicitude (mellorada o 6.6.2022) relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 16.6.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_9) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, cuxas superficies pasan a ser:

– MVMC Granda Abilleira e Salgueiros: 119,43 hectáreas.

– MVMC Rodela, Gándaras de Castro e Granda de Abilleira: 601,7 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo III, ao final deste anuncio.

– Monte Montareda e Corredoira (expediente 43/78), pertencente aos veciños da parroquia de Saldanxe; e monte Acevreiro (expediente 41/78), pertencente aos veciños da parroquia de Pastoriza, ambos no concello da Pastoriza.

O 4.5.2022 foi presentada unha solicitude relativa ao acordo de deslindamento levado a cabo por avinza entre as citadas comunidades, en canto á liña divisoria que separa os seus montes veciñais. Achegan acta de deslindamento, planos topográficos, acta de conciliación e certificacións de aprobación por parte das comunidades implicadas.

O 30.5.2022, o Servizo de Montes emite un informe (2022_18) en que se especifican as modificacións que se producen nos montes, como consecuencia do deslindamento, cuxas superficies pasan a ser:

– MVMC Montareda e Corredoira: 264,14 hectáreas.

– MVMC Acevreiro, de 121,87 hectáreas.

Este deslindamento correspóndese co plano do anexo IV, ao final deste anuncio.

Contra estes acordos, desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Lugo, 12 de xullo de 2022

María Olga Iglesias Fontal
Presidenta do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo

ANEXO I

Deslindamento MVMC Chan de Busto con Trapa e Pena de Santalla. As Nogais

missing image file

ANEXO II

Deslindamento MVMC Sinada con Mosteiro. Navia de Suarna

missing image file

ANEXO III

Deslindamento MVMC Granda Abilleira e Salgueiros con Rodela,
Gándaras de Castro e Granda de Abilleira. Castro de Rei

missing image file

ANEXO IV

Deslindamento MVMC Montareda e Corredoira con Acevreiro. A Pastoriza

missing image file