Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Xoves, 28 de xullo de 2022 Páx. 41628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/025-4).

Feitos:

Primeiro. O 21 de xaneiro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Ret. LMT DC Bal708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións no lugar da Gándara, na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo (Pontevedra):

Instalación dun centro de seccionamento de superficie cun conxunto de celas 4L+TT(3TC) no que se conectarán as liñas de media tensión proxectadas realizando entrada e saída da LMT BAL708.

Desmontaxe nos tramos BAL7082996 e BAL702018 da liña de media tensión aérea existente desde o apoio proxectado C-9000/22 ata o apoio 9U2JSMOR//D26. Desmontaxe nos tramos BAL7083000, BAL7082980, BAL7023337 e BAL7023282 da liña de media tensión aérea existente desde o apoio 9U2JSMOR//D26 existente ata o apoio proxectado C-9000/18. Retirada de dous vans en condutor LAC-80 e do seccionador (36HJM1) na derivación ao CT Crown Embalajes (36PNL1) que pasa a ter o punto de entroncamento no CS proxectado. En consecuencia, retíranse un total de 410 metros de condutor LA-110, 384 metros de condutor LAC-80, tres apoios de formigón, dous apoios de chapa e un apoio de celosía.

Desmontaxe dos tramos BAL7082998, BAL706219, BAL7082999 e BAL7023336 da liña de media tensión subterránea existente en condutor RHZ1.

Instalación de 160 metros dunha liña de media tensión aérea (LMTA) en dúas actuacións.

Instalación de 2.242 metros dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) en cinco actuacións.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea, a Axencia Galega de Infraestruturas, a Demarcación de Estradas del Estado, o Servizo de Urbanismo de Pontevedra e o Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Vigo.

O Servizo do Patrimonio Cultural manifestou que mentres non se inicie o procedemento específico de delimitación do Camiño de Santiago no SU de Vigo, este non se entende como territorio histórico, polo que non existen elementos a protexer desde o punto de vista de protección do patrimonio que podan verse afectados polas referidas obras.

Os demais organismos non emitiron condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme ao disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Terceiro. Mediante anuncio do 16 de febreiro de 2022, publicado no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 9 de marzo de 2022, notificouse a afección da única parcela afectada pola solicitude de declaración de utilidade pública que figura na relación de bens e dereitos achegada pola empresa. Este anuncio foi publicado de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para aqueles casos nos que non foi posible efectuar notificacións.

Cuarto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante Resolución do 16 de febreiro de 2022 publicada nos seguintes medios:

DOG (Diario Oficial de Galicia): 10 de marzo de 2022.

Xornal Faro de Vigo: 10 de marzo de 2022.

Taboleiro de anuncios do Concello de Vigo.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG nº 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

LMT aérea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo LA 110 de 0,109 km de lonxitude (retensado), con orixe no apoio existente 9U57LR23//D24 e final no apoio proxectado C-9000/22 (Pto. 1).

LMT aérea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo LA 110 de 0,051 km de lonxitude (retensado), con orixe no apoio proxectado C-9000/18 (Pto. 2) e final no apoio existente 9TVA8E2U//D29.

LMT subterránea (actuación 1) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,129 km de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-9000/22 (Pto. 1) e final na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5).

LMT subterránea (actuación 2) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,926 km de lonxitude, con orixe na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5) e final na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) (nó U).

LMT subterránea (actuación 3) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,032 km de lonxitude, con orixe na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) (nó U), e final na LMTS existente BAL7023318 (cambiará a BAL708) unha vez alimente ao CS proxectado (nó J).

LMT subterránea (actuación 4) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,129 km de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-9000/22 (Pto. 1) e final na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5).

LMT subterránea (actuación 5) a 15 kV con condutor tipo RHZ de 0,926 km de lonxitude, con orixe na cela de liña do CR Camiño do Romeu (36CFT5) e final na LMTS existente BAL7023318 (nó T).

Centro de seccionamento situado na parcela con referencia catastral 9118968NG1791N0001RI.

A instalación está situada no lugar da Gándara, Coruxo, Vigo.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Ret. LMT DC Bal708-702 e BAL708-706 e CS Baixada Gándara (expediente IN407A 2022/025-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 29 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra